martes, 15 de enero de 2019

María Reimóndez



María Reimóndez, "fai literatura para construir o mundo, para facelo mellor a traves da palabra". Escritora, feminista,  galega nada en Lugo , doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio, e teatro. Colaboradora  en medios galegos ten publicados artigos en revistas, xornais e artigos académicos en revistas especializadas e na Internet.

A súa traxectoria como escritora comenza no eido da poesía no 2002 cando publica o seu primeiro libro, o poemario Moda Galega  No 2013 regresa á poesía coa publicación de tres poemarios: Presente continuo, Moda Galega Reloaded, revisión da súa primeira obra  e kleinigkeiten/cousiñas escrito orixinalmente en alemán. No ano 2017 recibe o Premio Johán Carballeira de poesía por Galicia en bus.

Como narradora, no ano 2003 recibe o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora. No ano 2005 queda finalista do Premio Xerais con O club da calceta, que foi galardoada co Premio San Clemente e que foi traducida ao italiano ao francés e ao castelán e adaptada ao teatro e ao cine.

En 2009 publica a novela Pirata e no 2012 En vías de extinción, esta última dá inicio ao Ciclo dos elementos, unha serie de novelas independentes pero interconectadas, á que tamén pertencen A música dos seres vivos   e Dende o conflito (Premio Xerais 2014), ademais de As cousas que non queremos oír  publicada no 2017. 

Así mesmo,  no 2014 gañou o XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con A dúbida, publicado por Edicións Xerais no 2016 que foi publicado tamén en castelán, en tradución da autora no 2017.

Ten publicados numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil. No ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha , personaxe ao que retornou con Volvo! O regreso de Usha no 2014. Ademais, publicou  seis libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest, Lía e as zapatillas de deporte, -Premio Frei Martín Sarmiento- e O Monstro das palabras. 

En 2017 publica Corredora  dirixida ao público xuvenil. No 2018 publica Fora do normal que recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

Reimóndez tamén escribe ensaio: En 2013 veu a luz o seu primeiro volume como ensaísta en colaboración con Olga Castro no libro Feminismos, que fai un percorrido sobre os feminismos no mundo. En solitario publicou en 2014 A alternativa está aquí. donde describe a súa experiencia en metodoloxía dos grupos de axuda mutua (GAM) para traballar en cooperación internacional. 

En 2017 recibiu o I Premio Xohana Torres de Investigación pola obra Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure, que foi publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciada en Tradución e Interpretación polas linguas galego, inglés e alemán. Conta con coñecementos de francés e de portugués. Tamén é tradutora e intérprete xurada inglés-galego. 

María Reimóndez que traballa habitualmente como tradutora de textos técnicos e científicos, ten tamén unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos, ademais do poemario Teatriños de Erín Moure e a obra teatral Kvetch levada a escena por Teatro do Morcego

En 2011 publica Despois da medianoite da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución pola súa versión de A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais.

María Reimóndez é tamén fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación

En 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales, Reino Unido) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura. Igualmente realizou estadías na Universidade de Stirling e na Universidade de Múnic e en 2011 foi unha das escritoras admitidas no programa do Instituto Cervantes de Múnic e na casa de escritoras/es Villa Waldberta.


María Reimóndez como ACTIVISTA, leva dende o ano 1994 traballando no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e máis adiante, en 1998 e tras adquirir contactos e experiencia de traballo con organizacións locais, fundou Implicadas no Desenvolvemento, organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. María Reimóndez foi a súa presidenta ate 2013 e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos no Sur. 

Así, ten traballado en Karnataka, Andhra Pradesh e sobre todo en Támil Nadu (India) e tamén en Addis Abeba e na rexión de North Wollo en Etiopía

En 2008 Implicadas no desenvolvemento recibiu o galardón “Eu tamén navegar” de loita contra a violencia de xénero.

O seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias en eventos como o Mundos de Mulleres (Madrid 2008) ou na conferencia Transnational Feminisms (Frankfurt 2010), ademais de impartir innumerables cursos e conferencias en Galicia e Támil Nadu

A súa experiencia como voluntaria levou a que a organización alemá Kinder-Not-Hilfe a contratase en calidade de consultora para asesorar na aplicación da metodoloxía dos grupos de axuda mutua. Ademais de viaxar a Ruanda, Reimóndez é agora a consultora principal para a introdución desta metodoloxía en Haití.

Todo este traballo non pode entenderse sen vinculalo con outros campos nos que Reimóndez se amosa definitivamente activa: os feminismos e a defensa da lingua galega en particular e da diversidade lingüística en xeral. 

Dende os feminismos ten participado en numerosos proxectos tanto de teoría como de activismo, dende a reclamación da entrada das mulleres na Real Academia Galega a través da iniciativa “O Xogo das Cadeiras” ata o apoio á asociación Nós Mesmas de mulleres bisexuais e lesbianas.

Na defensa do galego une os seus esforzos aos da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística ou a iniciativa Sermos Galiza para poñer en marcha un medio de comunicación en galego.

Parafraseando a Bertolt Brech cito uns versos que teño nas miñas lembranzas ligados as cancions de Silvio Rodríguez so que nos versos orixinais e nas cancións os loitadores nomeaos exclusivamente aos homes
“Hai persoas que loitan un día e son boas.
Hai outras que loitan un ano e son mellores.
Hai quen loita moitos anos, e son moi boas.
Pero hainas que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles

Con vos María Reimondez, escritora galega, activista feminista, implicada no desenvolvemento, loitadora toda a vida, muller imprescindible.

Abandonar non é unha opción. Loitar é a súa única maneira de estar viva.

martes, 4 de diciembre de 2018

Atreveste a escribir un HAIKU?

Como colofón a lectura do libro A Dúbida me gustaría contar con vos para que  creedes unha obra persoal inspirada na lectura, pode ser dibuxo, foto, poema, texto literario, conto... ou combinacións de ambos  e podedes subila a facebook no grupo letras para o desleixo ou a twitter co cancelo #letrasparaodesleixo, ao voso blog persoal, instagram.. e compartide con nos 

Deixo aqui a miña obra e un enlace a como crear haikus




Os xoguetes xa
esquecidos pola nena
agardan hoxe

martes, 27 de noviembre de 2018

25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



O alumnado do CM Xestión do IES Terra de Trasancos estamos a traballar unha unidade didactica sobra a violencia de xénero, non sin dificultades, pero con moito debate e aproveitamento, si tedes a curiosidade e interes podedes velo e logo participar neste cuestionario. Recomendo traballar a unidade e ver os videos propostos antes de participar na enquisa.

Cmo é traballo arduo e longo aqui tedes enlaces a sons que contan historias e emocionan sobre a violencia de xénero

Musica:

miércoles, 21 de noviembre de 2018

INTERNET OSCURA

Jamie Bartlett é un escritor e blogueiro de tecnoloxía para The Spectator y Director do Centro para o Análise de Redes Sociais para Demos en colcaboración coa Universidade de Sussex

domingo, 11 de noviembre de 2018

Clube de Lectura "Letras para o Desleixo"

Letras para o desleixo, Clube de dectura para persoas adultas alumnado e profesorado do IES, xorde hoxe dende o presente e para o presente e ten como finalidades.

  • Fomento da lectura participativa e compartida
  • Crear redes de persoas lectoras
  • Fomento do uso do noso idioma en todos os ámbitos (lectura, convivencia, clases, lecer)
  • Utilización de redes sociais para compartir coñecementos, actitudes vitais e sentimentos
  • Descubrir mulleres escritoras que escriben dende a cercania para o global, desmontando o mito de que as mulleres escriben so para mulleres
  • Fomentar a intelixencia emocional, compartindo as experiencias lectoras, os sentimentos e emocións que xorden da lectura.
  • Fomentar a escritura persoal, coidando a redacción, ortografía e fornecendo a creatividade.
  • Entender a lectura e escritura como lecer e ocio creativo

En relación co proxecto lector e coa biblioteca escolar programaranse sesións de lectura pública na biblioteca dos resultados da escritura e/ou dos retazos da obra máis emotivos, literarios ou significativos para as participantes. As obras escollidas forman parte do fondo da biblioteca


Actividades previstas e Actividades específicas de impulso á lectura en galego.

  • Lectura individual e compartimos as ideas e sentimentos que xorden, nas reunións previstas, a traves de twitter e no blog
  • Blog do clube de lectura donde as/os partipantes escriben a suas reflexións, críticas litararias, opinions e un escrito persoal inspirado polo libro
  • Lectura pública na biblioteca (ou si é posible) na aula


Forma de organización e funcionamento.

  • En principio leremos un/dous libros por trimestre icluindo xéneros literarios, narrativa, poesia,
  • Na narrativa diversificamos as temáticas (viaxes, feminismo e igualdade, novela políciaca, histórica, banda deseñada, e se é posible ensaio)
  • Preferiblemente elixiremos obras en galego xa sexan orixinais ou traducción de outras linguas. Priorizamos a lingua orixinal as traduccións.
  • Iremos de menos (páxina e complexidade) a máis
  • As lecturas se elixen por votación, todos os votos valen igual, si hai empate desempata a coordinadora do grupo. O primeiro libro previsiblementes será A dúbida de María Reimondez
  • Por cada obra abrese un #hastag no twitter da biblioteca/cmtrasancos dinamizado pola coordinadora para comentar e reflexionar sobre a obra.
  • As lectoras poden comentar e participar no blog do grupo e ao final da lectura ou cando queiran publican un post persoal de escritura creativa (conto, dibuxo, foto, opinión)
  • Semanalmente nun recreo nos reunimos para comentar, falar sobre a obra/autor/a ou sobre a escritura.

Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar.