viernes, 23 de febrero de 2018

A Formación Profesional Dual no Sistema Educativo




Cando non se esixa contrato de formación e aprendizaxe as empresas poden realizar convenios cun Centro de Formación Profesional autorizado para realizar a formación práctica por medio da Formación Dual

Programación

Se especificará a programación que permita a adquisición dos resultados de aprendizaxe para cada un dos módulos profesionais que deberá contemplar:
• As actividades a realizar no Centro e na Empresa e a duración das mesmas

• Os criterios para a súa avaliación e cualificación

Como mínimo o 33% das horas de formación establecidas no título será realizado na empresa, previamente o alumno deberá cursar previamente a formación necesaria que garanta o desenvolvemento da formación na empresa con seguridade e eficacia.

A duración do ciclo formativo poderá ampliarse ata tres anos.

Titoría e avaliación


A actividade formativa na empresa e no centro educativo coordinarase mediante reunións mensuais de control nas que se fará seguimento de cada un dos alumnos.

A persoa que exerza a titoría na empresa será responsable

• do seguimento do acordo para a actividade formativa anexo ao contrato

• da coordinación da actividade laboral coa actividade formativa

• da comunicación co centro de formación

• deberá elaborar un informe sobre o desempeño do posto de traballo.

Titoría do centro formativo será responsable

• da programación e seguimento da formación
• da coordinación da avaliación cos Profesores e/ou titores que interveñen
• Será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa e laboral establecida no contrato.

A avaliación do alumnado será responsabilidade dos Profesores dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en canta as achegas dos formadores da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas na mesma.

Contido dos Convenios.


O convenio contemplará, como mínimo

a) O programa de formación.
b) O número de alumnos/as participantes.
c) O rexime de becas.
d) A xornada e horario no centro e na empresa.
e) As condicions que deben cumplir empresas, alumnos, profesores e titores.
f) Os seguros necesarios para o alumnado o profesorado

Dereitos e deberes

• Os estudantes terán dereito á adecuada información e orientación sobre os proxectos nos que participen.
• Os alumnos/as deberán adoptar o compromiso de cumprir as condicións do proxecto e da empresa participante establecidas no convenio.
• O alumno/a terá obrigación de cumprir co calendario, a xornada e o horario establecidos no programa.
  No caso de que non superar algún dos módulos profesionais, as Administracións educativas  establecerán as medidas necesarias para facilitarlles a obtención do título; entre outras,
  •  a ampliación da duración do proxecto
  •  traslado de centro
  •  a finalización do programa formativo nun centro educativo.
 O alumnado participante no proxecto  poderá recibir bolsa das empresas, institucions, fundacions,  e a Administración.



Real Decreto 1529/2012, de 8 de noviembre, por el que se desarrolla el contrato para la formación y el aprendizaje y se establecen las bases de la formación profesional dual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario