O alumnado do CM Xestión do IES Terra de Trasancos estamos a traballar unha unidade didactica sobra a violencia de xénero, non sin dificultades, pero con moito debate e aproveitamento, si tedes a curiosidade e interes podedes velo e logo participar neste cuestionario. Recomendo traballar a unidade e ver os videos propostos antes de participar na enquisa.
Cmo é traballo arduo e longo aqui tedes enlaces a sons que contan historias e emocionan sobre a violencia de xénero
Letras para o desleixo, Clube de dectura para persoas adultas alumnado e profesorado do IES, xorde hoxe dende o presente e para o presente e ten como finalidades.
Fomento da lectura participativa e compartida
Crear redes de persoas lectoras
Fomento do uso do noso idioma en todos os ámbitos (lectura, convivencia, clases, lecer)
Utilización de redes sociais para compartir coñecementos, actitudes vitais e sentimentos
Descubrir mulleres escritoras que escriben dende a cercania para o global, desmontando o mito de que as mulleres escriben so para mulleres
Fomentar a intelixencia emocional, compartindo as experiencias lectoras, os sentimentos e emocións que xorden da lectura.
Fomentar a escritura persoal, coidando a redacción, ortografía e fornecendo a creatividade.
Entender a lectura e escritura como lecer e ocio creativo
En relación co proxecto lector e coa biblioteca escolar programaranse sesións de lectura pública na biblioteca dos resultados da escritura e/ou dos retazos da obra máis emotivos, literarios ou significativos para as participantes. As obras escollidas forman parte do fondo da biblioteca
Actividades previstas e Actividades específicas de impulso á lectura en galego.
Lectura individual e compartimos as ideas e sentimentos que xorden, nas reunións previstas, a traves de twitter e no blog
Blog do clube de lectura donde as/os partipantes escriben a suas reflexións, críticas litararias, opinions e un escrito persoal inspirado polo libro
Lectura pública na biblioteca (ou si é posible) na aula
Forma de organización e funcionamento.
En principio leremos un/dous libros por trimestre icluindo xéneros literarios, narrativa, poesia,
Na narrativa diversificamos as temáticas (viaxes, feminismo e igualdade, novela políciaca, histórica, banda deseñada, e se é posible ensaio)
Preferiblemente elixiremos obras en galego xa sexan orixinais ou traducción de outras linguas. Priorizamos a lingua orixinal as traduccións.
Iremos de menos (páxina e complexidade) a máis
As lecturas se elixen por votación, todos os votos valen igual, si hai empate desempata a coordinadora do grupo. O primeiro libro previsiblementes será A dúbida de María Reimondez
Por cada obra abrese un #hastag no twitter da biblioteca/cmtrasancos dinamizado pola coordinadora para comentar e reflexionar sobre a obra.
As lectoras poden comentar e participar no blog do grupo e ao final da lectura ou cando queiran publican un post persoal de escritura creativa (conto, dibuxo, foto, opinión)
Semanalmente nun recreo nos reunimos para comentar, falar sobre a obra/autor/a ou sobre a escritura.
Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar.
1º Dende a paxína donde está o gráfico, boton contextual e seleccionamos Ver page source
2º Buscamos o elemento que queremos añadir a páxina e copiamos ao portapapeis (Ctrl+c) No noso caso copiamos esto:
3º Imos a entrada do noso blogue pulsamos na pestana html e copiamos o texto html. (Ctrl+V) Con coidado de abrir e pechar a sentencia <iframe> </iframe> 4º Adaptamos altura (height) e anchura (width) ao noso post e obtemos este resultado
5º Non esquecemos citar a fonte: La Voz de Galicia 20/10/2018
Outro xeito moito máis doado e só si a paxina nolo permite e buscar o código en embed, e pegala na pestana html do post de noso blog, sin esquecernos de mentar a fonte: Praza Pública ou enlazando a noticia orixinal
Para escribir unha carta dirixida a multiples destinatarios utilizo combinar correspondencia en word
Por unha parte teño o documento principal e doutra teño a orixe dos datos en formato .xls (folla de excel) ou accdb (taboa de access). O resultado da combinación será un documento con tantas páxinas como rexistros.
no video tes os pasos a seguir
COMBINAR CORRESPONDENCIA SOBRES
1º SELECCIONE COMBINAR CORRESPONDENCIA > INICIAR COMBINACION > SOBRES
2º SELECCIONO TAMAÑO DE SOBRE
3º SELECCIONO DESTINATARIOS. En este exercizo selecciono pacientes.xls e elixo a folla 1
Edito a lista para filtrar, ordear, seleccionar ou ver os destinatarios
4º INSERTO OS CAMPOS COMBINADOS QUE NECESITO (Nome, apelidos, enderezo, cp, concello, provincia)
5º VISTA PREVIA DOS RESULTADOS.
6º FINALIZAR E COMBINAR. EDITAR CARTAS INDIVIDUAIS
O resultado será un arquivo principal que podo gardar para cando queira facer a combinación posteriormente e un documento COS sobres xerados, tantos como rexistros combinei, o seguinte paso será imprimir os sobres
Si non estas segura do que fas podes utilizar o asistente que che guía paso a paso en Iniciar correspondencia > paso a paso co asistente
COMBINAR CORRESPONDENCIA ETIQUETAS
1º SELECCIONE COMBINAR CORRESPONDENCIA > INICIAR COMBINACION > ETIQUETAS
2º SELECCIONO TAMAÑO DE ETIQUETAS: en este exercizo selecciono 30 por páxina alto 2,54 cm
3º SELECCIONO DESTINATARIOS. En este exercizo selecciono pacientes.xls e elixo a folla 1
4º INSERTO OS CAMPOS COMBINADOS QUE NECESITO (Nome, apelidos, nif, nº de historia clinica)
5º ACTUALIZO ETIQUETAS. SI NON ESTA BEN VOLVO ATRÁS E CORRIXO
6º FINALIZAR E COMBINAR. EDITAR CARTAS INDIVIDUAIS. PODO IMPRIMIR AS ETIQUETAS
RESULTADO: AS ETIQUETAS NUNHA FOLLA QUE PODO IMPRIMIR
DIRECTORIO OU LISTADO
1º SELECCIONE COMBINAR CORRESPONDENCIA > INICIAR COMBINACION > DIRECTORIO
2º SELECCIONO DESTINATARIOS. En este exercizo selecciono pacientes.xls e elixo a folla 1
Edito aorixe dos datos para filtar ou ver os destinatarios
3º INSERTO OS CAMPOS COMBINADOS QUE NECESITO (Nome, apelidos, nif, nº de historia clinica) SEPARADOS POR TABULACIONS
4º FINALIZAR E COMBINAR. EDITAR CARTAS INDIVIDUAIS. PODO MODIFICAR PARA DARLLE FORMATO DE TABOA E IMPRIMIR O LISTADO
RESULTADO: UN LISTADO