domingo, 9 de junio de 2019
sábado, 8 de junio de 2019
viernes, 1 de marzo de 2019
TALBLA PERIODICA DE MULLERES GALEGAS DO IES A BASELLA
Comparto un traballo impresionante do IES A Basella
domingo, 17 de febrero de 2019
jueves, 24 de enero de 2019
martes, 15 de enero de 2019
María Reimóndez
María
Reimóndez, "fai
literatura para construir o mundo, para facelo mellor a traves da palabra". Escritora,
feminista, galega nada en Lugo , doutora
en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a
narrativa e a poesía coma o ensaio, e teatro. Colaboradora en medios galegos ten publicados artigos en
revistas, xornais e artigos académicos en revistas especializadas e na Internet.
A
súa traxectoria como escritora comenza no eido da poesía no 2002 cando publica o seu
primeiro libro, o poemario Moda
Galega No 2013 regresa á
poesía coa publicación de tres poemarios: Presente
continuo, Moda
Galega Reloaded, revisión
da súa primeira obra
e kleinigkeiten/cousiñas
escrito orixinalmente en alemán. No ano 2017 recibe o Premio Johán Carballeira
de poesía por Galicia
en bus.
Como
narradora, no ano 2003 recibe o premio de
novela Mulleres Progresistas de Vigo con O
Caderno de Bitácora. No ano 2005 queda finalista do Premio
Xerais con O club da
calceta, que foi galardoada co Premio San Clemente e que foi
traducida ao italiano ao francés e ao castelán e adaptada ao teatro e ao cine.
En
2009 publica a novela Pirata
e no 2012 En vías de
extinción, esta última dá inicio ao Ciclo dos elementos,
unha serie de novelas independentes pero interconectadas, á que tamén
pertencen A
música dos seres vivos e Dende o conflito
(Premio Xerais 2014), ademais de As
cousas que non queremos oír publicada no 2017.
Así
mesmo, no 2014 gañou o XIV Premio de
Novela por Entregas de La Voz de Galicia con A dúbida, publicado por Edicións Xerais no 2016 que foi publicado tamén
en castelán, en tradución da autora no 2017.
Ten
publicados numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil. No ano 2005
quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha , personaxe ao
que retornou con Volvo!
O regreso de Usha no 2014. Ademais, publicou seis
libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest, Lía e as zapatillas de deporte,
-Premio Frei Martín Sarmiento- e O
Monstro das palabras.
En 2017 publica Corredora dirixida ao público xuvenil. No 2018 publica Fora do normal que recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.
En 2017 publica Corredora dirixida ao público xuvenil. No 2018 publica Fora do normal que recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.
Reimóndez tamén escribe ensaio:
En 2013 veu a luz o seu primeiro volume como ensaísta en colaboración con Olga
Castro no libro Feminismos,
que fai un percorrido sobre os feminismos no mundo. En solitario publicou en
2014 A
alternativa está aquí. donde describe a súa experiencia en metodoloxía dos grupos de axuda mutua (GAM) para traballar en cooperación internacional.
En
2017 recibiu o I Premio Xohana Torres de Investigación pola obra Corpos exorbitantes. Rosalía de
Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure, que foi
publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de
Compostela.
Licenciada en Tradución e Interpretación polas linguas galego, inglés e alemán. Conta con coñecementos de francés e de portugués. Tamén é tradutora e intérprete xurada inglés-galego.
María Reimóndez
que traballa habitualmente como tradutora de textos técnicos e científicos, ten
tamén unha longa carreira como tradutora
literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos
traducidos, ademais do poemario Teatriños de Erín Moure e a
obra teatral Kvetch levada a escena
por Teatro do Morcego.
En 2011 publica Despois
da medianoite
da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro
de tradución pola súa versión de A
historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais.
María
Reimóndez é tamén fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e
da Interpretación
En
2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales, Reino Unido)
onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura.
Igualmente realizou estadías na Universidade de Stirling e na Universidade de
Múnic e en 2011 foi unha das escritoras admitidas no programa do Instituto
Cervantes de Múnic e na casa de escritoras/es Villa Waldberta.
María Reimóndez como ACTIVISTA, leva dende o ano 1994 traballando no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e máis adiante, en 1998 e tras adquirir contactos e experiencia de traballo con organizacións locais, fundou Implicadas no Desenvolvemento, organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. María Reimóndez foi a súa presidenta ate 2013 e a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos no Sur.
Así, ten traballado en Karnataka, Andhra Pradesh e sobre todo
en Támil Nadu (India) e tamén en Addis Abeba e na rexión de North Wollo en
Etiopía.
En 2008 Implicadas no desenvolvemento recibiu o galardón “Eu tamén
navegar” de loita contra a violencia de xénero.
O
seu traballo teórico ao redor dos temas relativos á cooperación está
estreitamente vinculado co seu traballo do activismo feminista e poscolonial,
algo que a levou a impartir diferentes conferencias en eventos como o Mundos de
Mulleres (Madrid 2008) ou na conferencia Transnational Feminisms (Frankfurt
2010), ademais de impartir innumerables cursos e conferencias en Galicia e
Támil Nadu
A
súa experiencia como voluntaria levou a que a organización alemá
Kinder-Not-Hilfe a contratase en calidade de consultora para asesorar na aplicación
da metodoloxía dos grupos de axuda mutua. Ademais de viaxar a Ruanda, Reimóndez
é agora a consultora principal para a introdución desta metodoloxía en Haití.
Todo
este traballo non pode entenderse sen vinculalo con outros campos nos que
Reimóndez se amosa definitivamente activa: os feminismos e a defensa da lingua galega en particular e da
diversidade lingüística en xeral.
Dende os feminismos ten participado en
numerosos proxectos tanto de teoría como de activismo, dende a reclamación da
entrada das mulleres na Real Academia Galega a través da iniciativa “O Xogo das
Cadeiras” ata o apoio á asociación Nós
Mesmas de mulleres bisexuais e lesbianas.
Na
defensa do galego une os seus esforzos aos da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, a Mesa pola Normalización
Lingüística ou a iniciativa Sermos Galiza para poñer en marcha un medio de
comunicación en galego.
Parafraseando
a Bertolt Brech cito uns versos que teño nas miñas lembranzas ligados as
cancions de Silvio Rodríguez so que nos versos orixinais e nas cancións os
loitadores nomeaos exclusivamente aos homes
“Hai persoas que loitan un día e
son boas.
Hai outras que loitan un ano e son mellores.
Hai quen loita moitos anos, e son moi boas.
Pero hainas que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles”
Hai outras que loitan un ano e son mellores.
Hai quen loita moitos anos, e son moi boas.
Pero hainas que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles”
Con
vos María Reimondez, escritora galega, activista feminista, implicada no
desenvolvemento, loitadora toda a vida, muller imprescindible.
Abandonar non é
unha opción. Loitar é a súa única maneira de estar viva.
martes, 27 de noviembre de 2018
25N DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado do CM Xestión do IES Terra de Trasancos estamos a traballar unha unidade didactica sobra a violencia de xénero, non sin dificultades, pero con moito debate e aproveitamento, si tedes a curiosidade e interes podedes velo e logo participar neste cuestionario. Recomendo traballar a unidade e ver os videos propostos antes de participar na enquisa.
Cmo é traballo arduo e longo aqui tedes enlaces a sons que contan historias e emocionan sobre a violencia de xénero
Musica:
domingo, 11 de noviembre de 2018
Clube de Lectura "Letras para o Desleixo"
Letras para o desleixo, Clube de dectura para persoas adultas alumnado e profesorado do IES, xorde hoxe dende o presente e para o presente e ten como finalidades.
- Fomento da lectura participativa e compartida
- Crear redes de persoas lectoras
- Fomento do uso do noso idioma en todos os ámbitos (lectura, convivencia, clases, lecer)
- Utilización de redes sociais para compartir coñecementos, actitudes vitais e sentimentos
- Descubrir mulleres escritoras que escriben dende a cercania para o global, desmontando o mito de que as mulleres escriben so para mulleres
- Fomentar a intelixencia emocional, compartindo as experiencias lectoras, os sentimentos e emocións que xorden da lectura.
- Fomentar a escritura persoal, coidando a redacción, ortografía e fornecendo a creatividade.
- Entender a lectura e escritura como lecer e ocio creativo
En relación co proxecto lector e coa biblioteca escolar programaranse sesións de lectura pública na biblioteca dos resultados da escritura e/ou dos retazos da obra máis emotivos, literarios ou significativos para as participantes. As obras escollidas forman parte do fondo da biblioteca
Actividades previstas e Actividades específicas de impulso á lectura en galego.
- Lectura individual e compartimos as ideas e sentimentos que xorden, nas reunións previstas, a traves de twitter e no blog
- Blog do clube de lectura donde as/os partipantes escriben a suas reflexións, críticas litararias, opinions e un escrito persoal inspirado polo libro
- Lectura pública na biblioteca (ou si é posible) na aula
Forma de organización e funcionamento.
- En principio leremos un/dous libros por trimestre icluindo xéneros literarios, narrativa, poesia,
- Na narrativa diversificamos as temáticas (viaxes, feminismo e igualdade, novela políciaca, histórica, banda deseñada, e se é posible ensaio)
- Preferiblemente elixiremos obras en galego xa sexan orixinais ou traducción de outras linguas. Priorizamos a lingua orixinal as traduccións.
- Iremos de menos (páxina e complexidade) a máis
- As lecturas se elixen por votación, todos os votos valen igual, si hai empate desempata a coordinadora do grupo. O primeiro libro previsiblementes será A dúbida de María Reimondez
- Por cada obra abrese un #hastag no twitter da biblioteca/cmtrasancos dinamizado pola coordinadora para comentar e reflexionar sobre a obra.
- As lectoras poden comentar e participar no blog do grupo e ao final da lectura ou cando queiran publican un post persoal de escritura creativa (conto, dibuxo, foto, opinión)
- Semanalmente nun recreo nos reunimos para comentar, falar sobre a obra/autor/a ou sobre a escritura.
Medios previstos para a súa difusión entre a comunidade escolar.
- Twitter @cmtrasancos cancelo #letrasparaodesleixo
- Blogue do grupo (por crear)
- Grupo de whatssap letras para o desleixo
- Grupo facebook “letras para o desleixo”
jueves, 1 de noviembre de 2018
sábado, 20 de octubre de 2018
Como copiar un gráfico interactivo dende unha páxina web ao noso blogue
1º Dende a paxína donde está o gráfico, boton contextual e seleccionamos Ver page source
2º Buscamos o elemento que queremos añadir a páxina e copiamos ao portapapeis (Ctrl+c)
No noso caso copiamos esto:
<iframe src="//datawrapper.dwcdn.net/2vPzX/2/" width="432" height="384" frameborder="0" scrolling="no"></iframe>
3º Imos a entrada do noso blogue pulsamos na pestana html e copiamos o texto html. (Ctrl+V) Con coidado de abrir e pechar a sentencia <iframe> </iframe>
4º Adaptamos altura (height) e anchura (width) ao noso post e obtemos este resultado
5º Non esquecemos citar a fonte: La Voz de Galicia 20/10/2018
Outro xeito moito máis doado e só si a paxina nolo permite e buscar o código en embed, e pegala na pestana html do post de noso blog, sin esquecernos de mentar a fonte: Praza Pública ou enlazando a noticia orixinal
Ben se ve que me encanta os gráficos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
