Formacion dual con contrato de aprendizaxe:
O contrato de
traballo de formación e aprendizaxe se
celebra con traballadores de entre 16 e
30 anos que non teñan cualificación profesional algunha, ou non teñan a
cualificación profesional para o obter o
título de FP que estan a estudar.
O seu obxectivo de dotar ao traballador/a de competencias
profesionais co fin de obter unha
cualificación profesional para obter un titulo de FP de grao medio ou
superior ou un certificado de profesionalidade.
O contrato se
celebra nun rexime de alternancia de
actividade laboral retribuida coa
actividade formativa recibida nun
centro de Formación Profesional. A duración
do contrato vai de un ano (6 meses en casos excepcionais según convenio) a 3 anos e pode establecerse un periodo de proba. O tempo adicado ao traballo non pode superar o 75% no primeiro
ano e do 85% no segundo e
seguintes e o salario non pode ser
inferior ao SMI proporcionalmente ao
tempo de traballo efectivo.
O traballador/a cotiza a Seguridade Social por todos os
conceptos e ten dereito a desemprego unha vez finalizada a relación laboral.
As empresas reciben bonificacions en
formacion e reduccions nas cotas da a Seguridade Social que poden chegar ao
100% da cota.
O contrato de
formación e aprendizaxe non pode
celebrase a tempo parcial e os traballadores non poden realizar traballo nocturno,
a turnos ou horas extraordinarias salvo de forza maior, e o tempo traballado computa a efectos de antiguedade na empresa.
Aactividade laboral deberá estar relacionada co contido do módulo de formación en centros de
traballo do título que corresponda e o traballador/a estará exento da FCT
No hay comentarios:
Publicar un comentario