Cando non se esixa contrato de formación e aprendizaxe as empresas poden realizar convenios cun Centro de Formación Profesional autorizado para realizar a formación práctica por medio da Formación Dual
Programación
Se especificará a programación que permita a adquisición dos resultados de aprendizaxe para cada un dos módulos profesionais que deberá contemplar:• As actividades a realizar no Centro e na Empresa e a duración das mesmas
• Os criterios para a súa avaliación e cualificación
Como mínimo o 33% das horas de formación establecidas no título será realizado na empresa, previamente o alumno deberá cursar previamente a formación necesaria que garanta o desenvolvemento da formación na empresa con seguridade e eficacia.
A duración do ciclo formativo poderá ampliarse ata tres anos.
Titoría e avaliación
A actividade formativa na empresa e no centro educativo coordinarase mediante reunións mensuais de control nas que se fará seguimento de cada un dos alumnos.
A persoa que exerza a titoría na empresa será responsable
• do seguimento do acordo para a actividade formativa anexo ao contrato
• da coordinación da actividade laboral coa actividade formativa
• da comunicación co centro de formación
• deberá elaborar un informe sobre o desempeño do posto de traballo.
Titoría do centro formativo será responsable
• da programación e seguimento da formación
• da coordinación da avaliación cos Profesores e/ou titores que interveñen
• Será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa e laboral establecida no contrato.
A avaliación do alumnado será responsabilidade dos Profesores dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en canta as achegas dos formadores da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas na mesma.
Contido dos Convenios.
O convenio contemplará, como mínimo
a) O programa de formación.
b) O número de alumnos/as participantes.
c) O rexime de becas.
d) A xornada e horario no centro e na empresa.
e) As condicions que deben cumplir empresas, alumnos, profesores e titores.
f) Os seguros necesarios para o alumnado o profesorado
Dereitos e deberes
• Os estudantes terán dereito á adecuada información e orientación sobre os proxectos nos que participen.• Os alumnos/as deberán adoptar o compromiso de cumprir as condicións do proxecto e da empresa participante establecidas no convenio.
• O alumno/a terá obrigación de cumprir co calendario, a xornada e o horario establecidos no programa.
• No caso de que non superar algún dos módulos profesionais, as Administracións educativas establecerán as medidas necesarias para facilitarlles a obtención do título; entre outras,
- a ampliación da duración do proxecto
- traslado de centro
- a finalización do programa formativo nun centro educativo.
O alumnado participante no proxecto poderá recibir bolsa das empresas, institucions, fundacions, e a Administración.
Real Decreto 1529/2012, de 8 de noviembre, por el que se desarrolla el contrato para la formación y el aprendizaje
y se establecen las bases de la formación profesional dual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario