Normas de cotización a seguridade social para estudantes en formación dual
Sempre que o proxecto de Formación Dual leve
aparellado unha contraprestación económica para os afectados, calquera que
sexa o concepto ou a forma en que se perciba, os estudantes quedan asimilados
a traballadores por conta allea, a efectos da súa inclusión no Réxime
Xeral da Seguridade Social.
A acción protectora será a correspondente ao Réxime Xeral da
Seguridade Social, coa única exclusión
da protección por desemprego.
A cotización
á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais, así como o seu
ingreso, levarase a cabo aplicando as
regras de cotización correspondentes aos contratos para a formación e a aprendizaxe.
Non
existirá obrigación de cotizar pola continxencia de desemprego, así como
tampouco ao Fondo de Garantía Salarial nin por formación profesional.
A cotización
á Seguridade Social consistirá nunha cuota única mensual[i]:
|
Traballador/a
|
Empresa
|
Total
|
Continxencias
comúns
|
6,94
|
34,80
|
41,74
|
Continxencias
profesionais
|
|
4,78
|
4,78
|
A entidade ou organismo que financie o
programa de formación terá a condición de empresario, asumindo os dereitos
e obrigacións en materia de Seguridade Social establecidos para estes no Réxime
Xeral da Seguridade Social e a este efecto deberán solicitar un código de conta
de cotización específico.
Real Decreto 1493/2011, de 24 de octubre, por el que se regulan los términos y las
condiciones de inclusión en el Régimen General de la Seguridad Social de las
personas que participen en programas de formación, en desarrollo de lo previsto
en la disposición adicional tercera de la Ley 27/2011, de 1 de agosto, sobre
actualización, adecuación y modernización del sistema de la Seguridad Social.
[i] Orden ESS/55/2018, de 26 de enero, por la que se
desarrollan las normas legales de cotización a la Seguridad Social, desempleo,
protección por cese de actividad, Fondo de Garantía Salarial y formación
profesional para el ejercicio 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario